Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. | Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro , Follas Novas 1880
|